Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2020 Páx. 9123

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Soutomaior

ANUNCIO para cubrir unha praza de director/a psicólogo/a do Centro de Información á Muller (CIM).

Acordo da Xunta de Goberno Local, do 23 de xaneiro de 2019, de aprobación de bases e convocatoria para cubrir unha praza vacante do Centro de Información á Muller (CIM).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra num. 23, do 4 de febreiro de 2020, aparecen integramente publicadas as bases do proceso selectivo, no marco do proceso de estabilización de emprego temporal, para cubrir a vacante (1) de director/a-psicólogo/a do Centro de Información á Muller (CIM) de Soutomaior, persoal funcionario, mediante o sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra. Así mesmo, publicaranse na sede electrónica deste concello [http://soutomaior.sedelectronica.es].

Soutomaior, 4 de febreiro de 2020

Agustín Reguera Ocampo
Alcalde