Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2020 Páx. 9494

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se fai pública a data, hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 3 de febreiro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o 26 de febreiro de 2020, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas número 2 e 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, núm. 2-4, en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade. Ademais deberán vir provistos de lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio nin se habilitará ningún de servizo de recollida dos devanditos dispositivos.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2020

Olga Janeiro Barandiarán
Presidenta do tribunal