Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2020 Páx. 9495

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 4 de abril de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 68, do 9 de abril), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 4 de febreiro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo), modificado pola Orde do 23 de xullo de 2019 (DOG núm. 144, do 31 de xullo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 4 de abril de 2018 (DOG núm. 68, do 9 de abril),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto nas bases 2.1.1.2 e 2.1.2.8 da convocatoria e unha vez efectuada a corrección do segundo exercicio, publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo «funcionpublica.xunta.gal».

Segundo. De acordo co disposto na base 2.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación coa puntuación no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto na base 3.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de Función Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2020

Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do Tribunal