Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2020 Páx. 9139

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 13/2020, do 10 de febreiro, polo que se establecen as normas sobre os medios materiais que se utilizarán nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.

A disposición adicional primeira da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, faculta a Xunta de Galicia para que dite as disposicións precisas para o cumprimento e execución do previsto nesa lei.

Con base nesta facultade, o Decreto 94/2016, do 1 de agosto, en desenvolvemento da disposición aludida, estableceu as normas sobre urnas, cabinas, papeletas, sobres e documentación que se utilizaron nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016.

Atendendo á necesaria integración dos principios previstos na Lei electoral autonómica no marco da normativa electoral xeral, e de conformidade co Real decreto 605/1999, do 16 de abril, polo que se establece a regulación complementaria dos procesos electorais, modificado, pola súa vez, polo Real decreto 1382/2002, do 20 de decembro; pola Orde INT/2838/2003, do 14 de outubro; polo Real decreto 1621/2007, do 7 de decembro, polo que se regula un procedemento de votación para os cidadáns españois que se atopan temporalmente no estranxeiro; pola Orde INT 3816/2007, do 19 de decembro; pola Orde INT/1025/2009, do 28 de abril; pola Orde INT/662/2011, do 23 de marzo; pola Orde INT/2609/2011, do 28 de setembro; pola Orde INT/529/2014, do 28 de marzo, pola Orde INT/358/2015, do 27 de febreiro, e pola Orde INT/318/2019, do 19 de marzo, polas que se modifican determinados anexos do Real decreto 605/1999, do 16 de abril, de regulación complementaria dos procesos electorais, resulta conveniente modificar o preceptuado polo citado Decreto 94/2016, do 1 de agosto.

De acordo con estas directrices e coa experiencia acumulada nos sucesivos procesos electorais acaecidos na nosa comunidade autónoma, este decreto, que derroga o Decreto 94/2016, do 1 de agosto, constituirá o marco normativo que regulará os medios materiais para utilizar no proceso electoral autonómico, o que redundará nunha maior claridade e sinxeleza da norma en beneficio das forzas políticas que concorran aos comicios autonómicos e dos propios electores.

Por todo o exposto, e en virtude da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, que faculta, na súa disposición adicional primeira, a Xunta de Galicia para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o seu cumprimento e execución, faise necesario modificar a redacción da vixente norma sobre urnas, cabinas, papeletas, sobres e demais impresos que se van utilizar nas eleccións ao Parlamento de Galicia.

En consecuencia, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dez de febreiro de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Artigo 1. Locais electorais

Os locais que se utilicen nas eleccións ao Parlamento de Galicia reunirán as condicións necesarias para o seu fin, estarán perfectamente sinalizados no referente a seccións e mesas, serán preferentemente de titularidade pública e, de entre eles, os de carácter docente, cultural ou recreativo, e deberán ser accesibles ás persoas con limitacións de mobilidade.

Os concellos deberán sinalizar convenientemente os locais correspondentes a cada sección e mesa electoral.

A Xunta de Galicia porá ao dispor dos concellos os medios económicos e materiais que lles permitan levar a cabo o acondicionamento dos locais electorais.

Artigo 2. Urnas

Cada mesa electoral disporá dunha urna que se axustará ás características que figuran no Real decreto 1382/2002, do 20 de decembro; na Orde INT/662/2011, do 23 de marzo, e na Orde INT/529/2014, do 28 de marzo pola que se modifican os anexos do Real decreto 605/1999, do 16 de abril, de regulación complementaria dos procesos electorais.

Agora ben, no caso de non existiren urnas en número suficiente para este proceso electoral, considerarase válida a utilización de urnas conforme o modelo vixente anteriormente.

Excepcionalmente, e cando o número de electores correspondentes a unha mesa o aconselle, porase ao dispor dos votantes unha segunda urna, coas características sinaladas no parágrafo primeiro. Previamente á súa utilización, o presidente da mesa verificará que se atopa baleira e situaraa de par da xa utilizada, que será debidamente pechada, e a partir dese momento procederase a utilizar exclusivamente a segunda urna.

As urnas, despois de montadas e precintadas, serán entregadas, contra recibo, aos presidentes das mesas electorais a través da xunta electoral de zona.

Os precintos consistirán nun peche que impida a apertura da urna sen coñecemento dos membros da mesa e dos interventores. De se producir a ruptura ou deterioración do precinto, o presidente da mesa, se non puider obter oportunamente outra urna da xunta electoral de zona, asegurará o peche dela con calquera elemento que teña ao seu dispor.

A Xunta de Galicia porá ao dispor dos concellos os medios económicos que lles permitan levar a cabo a montaxe, a desmontaxe e o transporte de urnas.

Artigo 3. Cabinas

No mesmo cuarto en que se desenvolva a votación e en lugar intermedio entre a entrada e a mesa electoral existirá, polo menos, unha cabina na cal o votante poderá seleccionar as papeletas electorais e introducilas nos correspondentes sobres. No seu interior, nos compartimentos destinados para o efecto ou de par da cabina, haberá unha mesa con número suficiente de sobres e papeletas de cada candidatura.

As cabinas que se utilicen nas eleccións ao Parlamento de Galicia axustaranse ás características do Real decreto 1382/2002, do 20 de decembro; da Orde INT/662/2011, do 23 de marzo, e da Orde INT/529/2014, do 28 de marzo, pola que se modifican determinados anexos do Real decreto 605/1999, do 16 de abril, de regulación complementaria dos procesos electorais.

Agora ben, no caso de non existiren cabinas en número suficiente para este proceso electoral, considerarase válida a utilización de cabinas conforme o modelo vixente anteriormente.

A Xunta de Galicia porá ao dispor dos concellos os medios económicos que lles permitan levar a cabo a montaxe, a desmontaxe e o transporte de cabinas.

Artigo 4. Papeletas e sobres

As papeletas e os sobres electorais conterán as características que se sinalan no artigo 32 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, axustándose ás características e condicións de impresión sinaladas nos anexos I e II deste decreto.

De acordo co disposto no punto 4 do artigo 31 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, os delegados territoriais da Xunta de Galicia asegurarán a entrega de papeletas e sobres en número suficiente ás mesas electorais.

Artigo 5. Impresos electorais

Apróbanse os modelos de impresos que figuran nos anexos III ao IX deste decreto, que serán de utilización obrigatoria en todos os trámites e operacións nas eleccións ao Parlamento de Galicia.

Os impresos a que se fai referencia no parágrafo anterior terán carácter oficial e serán facilitados, en tempo, pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, tanto en versión impresa como en versión dixital.

Na páxina web institucional das eleccións ao Parlamento de Galicia encontraranse os impresos, en formato dixital, que se deberán empregar no presente proceso, que poderán ser descargados polos entes interesados que concorran ao proceso electoral.

Disposición adicional primeira

Serán igualmente válidos os impresos emitidos pola Oficina do Censo Electoral con motivo das eleccións ao Parlamento de Galicia. Así mesmo, tamén serán utilizables os modelos recollidos no Real decreto 605/1999, do 16 de abril, de regulación complementaria dos procesos electorais, que teñan carácter xeral.

Disposición adicional segunda

De conformidade co disposto no artigo 19.1, letra g), da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, correspóndelle á Xunta Electoral Central a aprobación dos modelos de actas de constitución das mesas electorais, de escrutinio, de sesión, de escrutinio xeral e de proclamación de electos, polo que non se publican nos anexos VII e IX.

Disposición adicional terceira

Tanto para o aboamento das cantidades a que fai mención este decreto, como para a entrega das papeletas, sobres e demais impresos electorais, deberán observarse, en todos os seus termos, as instrucións económico-administrativas que dite a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza con motivo das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Decreto 94/2016, do 1 de agosto, polo que se establecen normas sobre os medios materiais que se utilizarán nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016, e cantas normas de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dez de febreiro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ELECCIÓNS AO PARLAMENTO DE GALICIA DE 2020
Relación de impresos con expresión da súa referencia

ANEXO I

Papeletas de votación

EPG 1.1 Papeletas de votación ao Parlamento de Galicia.

ANEXO II

Sobres de votación

EPG 2.1 Sobres para papeletas de votación ao Parlamento de Galicia.

ANEXO III

Constitución de coalicións electorais e presentación de candidaturas

EPG 3.1 Comunicación da constitución da coalición electoral (versión dixital).

EPG 3.2 Comunicación por unha Xunta Electoral á Xunta Electoral de Galicia (versión dixital)

EPG 3.3 Presentación de candidatos ao Parlamento de Galicia (versión dixital).

EPG 3.4 Presentación de candidatos ao Parlamento de Galicia por agrupación de electores (folla de sinaturas) (versión dixital).

ANEXO IV

Documentación para o voto por correo

EPG 4.1 Solicitude para o voto por correo. Exemplar para a DPOCE (impreso múltiple).

EPG 4.1.a Exemplar para o interesado. Copia.

EPG 4.2 Sobre para envío á DPOCE da solicitude do certificado de inscrición no censo electoral.

EPG 4.3 Sobre para remisión da documentación do voto por correo.

EPG 4.4 Sobre dirixido ao presidente da mesa.

EPG 4.5 Sobre para remisión de documentación do voto por correo aos inscritos no Censo electoral de residentes ausentes no estranxeiro (CERA).

EPG 4.6. Sobre para a remisión do voto polos electores residentes no estranxeiro (con franqueo)

EPG 4.6.a Sobre para a remisión do voto polos electores residentes no estranxeiro (sen franqueo)

EPG 4.7 Solicitude do voto por correo dos electores temporalmente ausentes no estranxeiro. Exemplar para a DPOCE (impreso múltiple).

EPG 4.7.a Exemplar para o interesado. Copia.

EPG 4.8 Sobre dirixido ao presidente da mesa electoral para o voto por correo dos electores temporalmente no estranxeiro (envío non gratuíto).

EPG 4.8.a Sobre dirixido ao presidente da mesa electoral do voto por correo electores temporalmente no estranxeiro (envío gratuíto).

EPG 4.9 Sobre dirixido ao presidente da xunta electoral para o voto por correo desde España dos inscritos no Censo electoral de residentes ausentes no estranxeiro (CERA).

EPG 4.10. Sobre para a remisión do voto CERA á xunta electoral provincial.

ANEXO V

Nomeamento de membros das mesas electorais

EPG 5.1 Lista de electores capacitados para presidentes e suplentes (versión dixital).

EPG 5.2 Lista de electores capacitados para vogais e suplentes (versión dixital).

EPG 5.3 Comunicación dos concellos á xunta electoral de zona correspondente, da formación de mesas electorais (versión dixital).

EPG 5.4 Nomeamento de membros da mesa (impreso múltiple catro follas).

EPG 5.4.a Comunicación de datos de identificación ao xuíz.

EPG 5.4.b Comunicación datos identificación (copia).

EPG 5.4.c Xustificante de recepción do nomeamento polo interesado.

EPG 5.5 Sobre para a remisión da notificación aos membros de mesas electorais.

EPG 5.6 Comunicación aos xuíces de primeira instancia ou de paz da composición das mesas electorais (versión dixital).

EPG 5.7 Citación definitiva aos membros das mesas electorais.

ANEXO VI

Nomeamento de interventores e apoderados

Interventores

EPG 6.1 Matriz de nomeamento de interventores (versión dixital).

EPG 6.1.a Credencial (versión dixital).

EPG 6.1.b Comunicación ao presidente da mesa electoral de votación da cal forma parte (versión dixital).

EPG 6.1.c Comunicación ao presidente da mesa electoral de votación da lista electoral na cal figura inscrito (versión dixital).

EPG 6.2 Sobre que se dirixirá ao presidente da mesa para a remisión da copia da credencial do nomeamento de interventores.

Apoderados

EPG 6.3 Matriz de nomeamento de apoderados (versión dixital).

EPG 6.3.a Credencial (versión dixital).

ANEXO VII

Documentación para a actuación das mesas electorais

EPG 7.1 Acta de constitución da mesa electoral.

EPG 7.2 Acta de escrutinio da mesa electoral.

EPG 7.3 Acta de sesión da mesa electoral.

EPG 7.4 Lista numerada de votantes (primeira folla cuberta).

EPG 7.4.a Lista numerada de votantes (segunda folla e seguintes).

EPG 7.5 Sobre número 1: documentación para entregar no xulgado de primeira instancia ou de paz.

EPG 7.6 Sobre número 2: documentación para entregar no xulgado de primeira instancia ou de paz.

EPG 7.7 Sobre número 3: documentación para entregar ao funcionario do servizo de Correos.

EPG 7.8 Recibo do xuíz de primeira instancia ou de paz, xustificativo da entrega dos sobres números 1 e 2 (versión dixital).

EPG 7.9 Recibo do funcionario de correos xustificativo da entrega do sobre número 3 (versión dixital).

EPG 7.10 Certificado de votación (blocs de 100 follas).

ANEXO VIII

Nomeamento de representantes da Administración

Nomeamento do representante da Administración (impreso múltiple de dúas follas)

EPG 8.1 Credencial (versión dixital).

EPG 8.1.a Copia (versión dixital).

ANEXO IX

EPG 9.1 Acta de constitución da xunta para o escrutinio xeral (versión dixital).

EPG 9.2 Acta de escrutinio (versión dixital).

EPG 9.3 Acta da/s sesión/s do escrutinio (versión dixital).

EPG 9.4 Acta de constitución da mesa electoral para o escrutinio de votación dos residentes ausentes no estranxeiro (versión dixital).

EPG 9.5 Acta de escrutinio para a votación dos residentes ausentes no estranxeiro (versión dixital)

EPG 9.6 Acta para o funcionario consular (versión dixital)

EPG 9.6.a Anexo á acta consular (versión dixital)

EPG 9.7 Acta de proclamación (versión dixital).

EPG 9.8 Credencial de deputado/a do Parlamento de Galicia.

ELECCIÓNS AO PARLAMENTO DE GALICIA DE 2020

Relación de impresos con expresión da súa referencia e características

ANEXO I

EPG 1.1 Papeletas de votación ao Parlamento de Galicia.

Características:

Cor e tonalidade: cor branca en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 102×270 mm.

Gramaxe aproximada: 70 g/m².

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara. Os tipos de letra serán idénticos para cada candidato.

Logotipo de 20 mm máximo por cada lado.

Texto bilingüe: galego en recta, castelán en cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

ANEXO II

EPG 2.1 Sobres para papeletas de votación ao Parlamento de Galicia.

Características:

Cor e tonalidade: cor branca en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE C-6 114×162 mm; deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade e o engomado estará na punta do peche da lapela.

Gramaxe aproximada: 70 g/m².

Impresión e tinta: impresión en tinta negra, por unha soa cara, corpo e tipo de letra segundo figura neste decreto.

Texto bilingüe: galego en recta, castelán en cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

ANEXO IV

EPG 4.1 e 4.1.a Solicitude para o voto por correo. Exemplar para a DPOCE e exemplar para o interesado.

Características:

Cor e tonalidade: cor branca en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210×297 mm.

Gramaxe aproximada: 60 g/m².

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, en papel autocopiativo. Pegado en xogos en cabeza.

Texto bilingüe: galego en recta, castelán en cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 4.2 Sobre para envío á DPOCE de solicitude certificado de inscrición no censo electoral.

Características:

Cor e tonalidade: cor branca en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120×175 mm aproximadamente; deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade.

Gramaxe aproximada: 70 g/m².

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara e remite na lapela de pico.

Texto bilingüe: galego en recta, castelán en cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 4.3 Sobre para remisión documentación voto por correo.

Características:

Cor e tonalidade: cor kraft en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 185×260 mm aproximadamente.

Gramaxe aproximada: papel kraft verxurado de 90 g/m² con tira de silicona.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por ambas as dúas caras e remite na lapela.

Texto bilingüe: galego en recta, castelán en cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 4.4 Sobre dirixido ao presidente da mesa.

Características:

Cor e tonalidade: cor branca en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120×175 mm aproximadamente; deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade.

Gramaxe aproximada: 70 g/m².

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara e remite na lapela de pico.

Texto bilingüe: galego en recta, castelán en cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 4.5 Sobre para remisión da documentación do voto por correo aos inscritos no Censo electoral de residentes ausentes no estranxeiro (CERA).

Características:

Cor e tonalidade: cor kraft en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 185×260 mm aproximadamente.

Gramaxe aproximada: papel kraft verxurado de 90 g/m² con tira de silicona.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tres cores por unha cara e unha cor ao respaldo e remite na lapela.

Texto bilingüe: galego en recta, castelán en cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 4.6 Sobre para a remisión do voto polos electores residentes no estranxeiro (con franqueo).

Características:

Cor e tonalidade: cor branca en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120×175 mm aproximadamente.

Gramaxe aproximada: 70 g/m².

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara; deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade e no interior impreso un texto.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 4.6.a Sobre para a remisión do voto polos electores residentes no estranxeiro (sen franqueo).

Características:

Cor e tonalidade: cor branca en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120×175 mm aproximadamente.

Gramaxe aproximada: 70 g/m².

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara, deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade e no interior impreso un texto.

Texto bilingüe: galego en recta, castelán en cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 4.7 e 4.7.a Solicitude do voto por correo dos electores temporalmente no estranxeiro. Exemplar para a DPOCE e copia para o interesado.

Características:

Cor e tonalidade: cor branca en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210×297 mm.

Gramaxe aproximada: 60 g/m².

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, en papel autocopiativo. Pegado en xogos en cabeza.

Texto bilingüe: galego en recta, castelán en cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 4.8 Sobre dirixido ao presidente da mesa electoral para o voto por correo dos electores temporalmente no estranxeiro (envío non gratuíto).

Características:

Cor e tonalidade: cor branca en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120×175 mm aproximadamente.

Gramaxe aproximada: 70 g/m².

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara; deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade e no interior impreso un texto.

Texto bilingüe: galego en recta, castelán en cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 4.8.a Sobre dirixido ao presidente da mesa electoral para o voto por correo dos electores temporalmente no estranxeiro (envío gratuíto).

Características:

Cor e tonalidade: cor branca en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120×175 mm aproximadamente.

Gramaxe aproximada: 70 g/m².

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara; deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade e no interior impreso un texto.

Texto bilingüe: galego en recta, castelán en cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 4.9 Sobre dirixido ao presidente da xunta electoral para o voto por correo desde España dos inscritos no Censo electoral de residentes ausentes no estranxeiro (CERA).

Características:

Cor e tonalidade: cor branca en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120×175 mm aproximadamente; deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade.

Gramaxe aproximada: 70 g/m².

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara e remite na lapela de pico.

Texto bilingüe: galego en recta, castelán en cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 4.10 Sobre para a remisión do voto CERA á xunta electoral provincial.

Características:

Cor e tonalidade branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120×175 mm aproximadamente.

Gramaxe aproximada: 70 g/m2.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara; deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade e no interior impreso un texto.

Texto bilingüe: galego en recta, castelán en cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

ANEXO V

EPG 5.4, 5.4.a, 5.4.b, 5.4.c Nomeamento de membros da mesa (impreso múltiple de catro follas).

Características:

Cor e tonalidade: cor branca en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 152,4×210 mm.

Gramaxe aproximada: 60 g/m².

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, en papel copiativo branco.

Texto bilingüe: galego en recta, castelán en cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 5.5 Sobre para remisión da notificación aos membros das mesas.

Características:

Cor e tonalidade: cor kraft, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 185×266 mm (non será necesariamente normalizado).

Gramaxe aproximada: papel kraft verxurado de 90 g/m² con tira de silicona.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego en recta, castelán en cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 5.7 Citación definitiva aos membros das mesas electorais.

Características:

Cor e tonalidade: cor branca en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-5, 148×210 mm.

Gramaxe aproximada: 70 g/m².

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego en recta, castelán en cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

ANEXO VI

EPG 6.2 Sobre que se dirixirá ao presidente da mesa para remisión da copia da credencial do nomeamento de interventores.

Características:

Cor e tonalidade: cor branca en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120×175 mm, deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade e o engomado estará ao longo de toda a lapela.

Gramaxe aproximada: 70 g/m².

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego en recta, castelán en cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

ANEXO VII

EPG 7.4 e 7.4.a Lista numerada de votantes (primeira folla e seguintes)

Características:

Cor e tonalidade: cor branca en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210×297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 g/m².

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego en recta, castelán en cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 7.5 Sobre número 1: documentación para entregar no xulgado de primeira instancia ou de paz.

Características:

Cor e tonalidade: kraft, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 250×353 mm.

Gramaxe aproximada: papel kraft verxurado de 90 g/m² con tira de silicona.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara con remite na lapela.

Texto bilingüe: galego en recta, castelán en cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 7.6 Sobre número 2: documentación para entregar no xulgado de primeira instancia ou de paz.

Características:

Cor e tonalidade: kraft, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 250×353 mm.

Gramaxe aproximada: papel kraft verxurado de 90 g/m² con tira de silicona.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara con remite na lapela.

Texto bilingüe: galego en recta, castelán en cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 7.7 Sobre número 3: documentación para entregar ao funcionario do Servizo de Correos.

Características:

Cor e tonalidade: kraft, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 250×353 mm.

Gramaxe aproximada: papel kraft verxurado de 90 g/m² con tira de silicona.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara con remite na lapela.

Texto bilingüe: galego en recta, castelán en cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 7.10 Certificado de votación (blocs de 100 follas).

Características:

Cor e tonalidade: cor branca en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120×180 mm.

Gramaxe aproximada: 70 g/m² en talonarios de 100 follas.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego en recta, castelán en cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

ANEXO IX

EPG 9.8 Credencial de deputado/a do Parlamento de Galicia.

Características:

Cor e tonalidade: crema.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210×297 mm.

Gramaxe aproximada: cartolina 240 g/m2.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra en cinco tintas.

Texto bilingüe: galego en recta.

ELECCIÓNS AO PARLAMENTO DE GALICIA 2020

ANEXO I

epg 1.1

missing image file

ANEXO II

missing image file

ANEXO III

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO V

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VI

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VII

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VIII

missing image file
missing image file

ANEXO IX

missing image file