Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2020 Páx. 9138

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 29 de xaneiro de 2020 pola que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de setembro de 2010, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta da Confederación Intersindical Galega (CIG),

DISPOÑO:

O nomeamento de Anxo Iglesias Covelo como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, en representación da organización sindical Confederación Intersindical Galega (CIG).

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2020

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar