Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2020 Páx. 9552

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

RESOLUCIÓN 3228/2019, do 26 de decembro, referente á convocatoria e bases do proceso de selección para a cobertura en propiedade de once prazas de condutor/a de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 1, do 2 de xaneiro de 2020, aparecen publicadas integramente as bases que deberán rexer a convocatoria, para a provisión en propiedade, polo procedemento de concurso-oposición, de 11 prazas de condutor/a de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos, persoal laboral fixo do Concello de Arteixo, incluídas na oferta de emprego público do exercicio 2019.

As instancias solicitando participar no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no Rexistro Xeral do Concello, dirixidas ao alcalde presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 7 de xaneiro de 2020

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente