Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2020 Páx. 9553

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de notificación de execución subsidiaria da limpeza dun predio por risco de incendio, ante a imposibilidade de notificar aos responsables no domicilio.

Expediente nº: 1552/2019.

Notificación e emprazamento para dar audiencia ao interesado.

Procedemento: execución subsidiaria.

Data de iniciación: 26.12.2019.

Trámite actual: publicación notificación de execución subsidiaria e liquidación provisional dos custos da execución, por domicilio descoñecido.

Destinatarios: herdeiros de Abilio Pérez.

Resolución de Alcaldía.

Visto o expediente en trámite na Serra Seca, Viladesuso, iniciado por instancia de Xurxo Iglesias Izquierdo, cos seguintes antecedentes:

– Con data do 23 de maio de 2017 (R.E. 1301), Xurxo Iglesias Izquierdo solicita a limpeza das parcelas 150 e 109 do polígono 11.

– Con data do 2 de xuño de 2017 (R.S. 1252), o Concello de Oia incoa expediente de orde de execución (Decreto 2017-0204, do 2 de xuño de 2017) contra Regina Fernández Martín como titular catastral da parcela 103 do polígono 5.

– Con data do 2 de xuño de 2017 (R.S. 1253), o Concello de Oia incoa expediente de orde de execución (Decreto 2017-0204, do 2 de xuño de 2017) contra José Pérez Martínez como titular catastral da parcela 150 do polígono 5.

– Con data do 8 de xuño de 2017 (R.E. 1455), Xurxo Iglesias Izquierdo solicita a limpeza da parcela 109 do polígono 5.

– Con data do 13 de xullo de 2017 (R.S. 1507), o Concello de Oia incoa expediente de orde de execución (Decreto 2017-061, do 13 de xullo de 2017) contra Mª Felicita Martínez Salinas como titular catastral da parcela 109 do polígono 5.

– Con data do 18 de outubro de 2017 (R.E. 2577), Xurxo Iglesias Izquierdo comunica ao Concello de Oia que a parcela 103 do polígono 5 está limpa pero non así a parcela 109 e a parte de arriba da parcela 150, ambas do polígono 5; e solicita que se lles comunique o deber de manter os predios limpos.

– Emitido novo informe técnico do 11.12.2017, reitérase a orde de execución contra María Felicita Martínez Salinas e José Pérez Martínez, titulares catastrais das parcelas 109 e 150 do polígono 5, polo Decreto 25/2018, notificado en tempo e forma, con advertencia de multa coercitiva, para forzar o cumprimento da obriga.

– Con data do 14.2.2018 (R.E. 365) José Pérez Martínez comunica a limpeza da parte de predio que lle pertence, informando ao mesmo tempo de que a parte que falta por limpar pertence aos herdeiros de Abilio Pérez.

– Novo informe técnico municipal do 15.3.2018, ao cal segue Decreto 135/2018, de arquivamento da orde ditada contra José Pérez Martínez e incoación da mesma orde contra os herdeiros de Abilio Pérez.

– Intentada en dúas ocasións a notificación no domicilio coñecido e ao resultaren infrutuosas, a orde publícase no taboleiro de edictos do BOE (BOE núm. 77, do 30 de marzo de 2019) e no DOG (DOG núm. 136, do 18 de xullo de 2019).

O día 14.10.2019, o servizo técnico municipal acredita, mediante informe que consta no expediente que inclúe reportaxe fotográfica, que a parcela segue sen limpar, resultando incumprida a orde de execución ditada.

Considerando que, de acordo co previsto no artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia:

«4. Transcorridos os prazos sinalados neste artigo sen que a persoa responsable xestione a biomasa ou retire as especies arbóreas prohibidas, a Administración pública competente pode proceder á execución subsidiaria, atendendo ás necesidades de defensa contra os incendios forestais, especialmente respecto da seguridade nas zonas de interface urbano-forestal, conforme o establecido no artigo 44 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, ou norma que a substitúa, sen perxuízo da repercusión dos custos da xestión da biomasa á persoa responsable.

Os custos que se repercutirán poderán liquidarse provisionalmente de maneira anticipada, incluso na comunicación a que se refire o número 2, e realizarse a súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados neste artigo, sin prexuízo da súa liquidación definitiva unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria.

Para a liquidación dos custos correspondentes a cada parcela, a Administración terá en conta a cantidade resultante de aplicar a parte proporcional á cabida da parcela do importe do correspondente contrato, encomenda ou custo dos traballos realizados na zona de actuación».

E tendo en conta que, desde a data de notificación da orde de execución referida ata o día de hoxe, por mor da problemática derivada dos incendios forestais dos últimos anos, e do enorme risco para personas e bens que poden derivar do estado en que se atopan parcelas como esta, a Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais, foi modificada por medio da Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, estendéndose a faixa de protección desde os 30 metros ata os 50 metros actuais.

De conformidade co establecido nos artigos 21.1.s) da Lei 7/1985, do 2 de abril, 22.4 da Lei 3/2007 e 135 e ss da Lei 2/2016, en uso das facultades que me confire a normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. Incoar expediente para a execución subsidiaria da orde de execución imposta polo Decreto 261/2017, do 13 de xullo de 2017, contra os herdeiros de Abilio Pérez, respecto da parcela identificada como parcela 150 do polígono 5, lugar Serra Seca, parroquia de Viladesuso, termo municipal de Oia (Ref. catastral 36036A005001090000QX).

Segundo. En aplicación do previsto no artigo 22.4 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais, calcúlase que a limpeza xerará uns custos a esta Administración municipal de 1.490,00 €, co seguinte detalle:

Corta de eucaliptos de varias dimensións que ameazan unha vivenda, inclúe a corta e retirada da madeira, máis a roza da zona afectada.

Terceiro. O presente edicto serve como liquidación provisional dos custos que deberán aboar os obrigados, constituíndo o presente decreto liquidación en voluntaria, cos prazos previstos na Lei xeral tributaria que logo se determinarán, sen perxuízo da liquidación definitiva que se cursará unha vez rematados os traballos de corta e roza.

Cuarto. Identificar, como interesados no expediente, o/os seguinte/s propietario/s: herdeiros de Abilio Pérez, obrigados ao cumprimento da orde de execución e, por extensión, ao pagamento dos gastos que a esta Administración xere a súa execución subsidiaria.

Xurxo Iglesias Izquierdo, solicitante da limpeza.

Quinto. Notificar a presente resolución ao solicitante, co réxime de recursos que proceda, e aos obrigados, con indicación de prazos de pagamento en período voluntario e en vía executiva.

O que lle notifico pola súa condición de interesado, en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, facéndoselle saber que:

O citado acordo pon fin á vía administrativa, polo que contra el pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que ditou o acto, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, se non quere exercer o seu dereito a presentar o recurso potestativo de reposición mencionado, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo, órgano xurisdicional competente, conforme o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Ademais, e polo que respecta á liquidación en voluntaria, que ascende a 1.490,00 €, requíreselle o pagamento mediante ingreso na conta bancaria municipal aberta a nome do Concello de Oia, no Banco Pastor, número ES24/0238/8336/4606/6000/0173, nos seguintes prazos:

Se a notificación se recibe nos días 1 a 15 de mes, o prazo remata o día 20 do mes seguinte.

Se a notificación se recibe nos días 16 a ultimo do mes, o prazo remata o día 5 do segundo mes natural seguinte.

De ser día inhábil o último día do prazo, este estenderáse ata o seguinte día hábil.

En caso de non pagar nos prazos indicados, abrirase o período executivo de pagamento, coa aplicación das recargas do período executivo que regula o artigo 65 da Lei 58/2003, xeral tributaria.

Oia, 4 de febreiro de 2020

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa