Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2020 Páx. 9873

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 27 de xaneiro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, pola que se notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non achegar os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado o pagamento.

Pola presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros do Hospital Público da Mariña, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de 10 días os datos e documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio) polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que se vai achegar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario teléfono 982 58 99 97.

Para que conste, sirve de notificación as persoas interesadas e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula, quedando supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Burela, 27 de xaneiro de 2020

Ramón Ares Rico
Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

ANEXO

Nome do doente

DNI/NIF

071882074J

077595048V

036142107E

032786610H

Y07241833K

034276741W

Cristian Georgiana Florentina