Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2020 Páx. 9871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 27 de xaneiro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, pola que se lles notifican ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo, polos servizos sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire, non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros do Hospital Público da Mariña, ou que se alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES69 ES69 0081 5363 20 0001082918 do Banco de Sabadell, S.A. nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producira o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a esta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula, quedando supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboeiro de edictos único (TEU) do BOE.

Burela, 27 de xaneiro de 2020

Ramón Ares Rico
Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña
e Monforte de Lemos

ANEXO

Suxeito pasivo

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda

Sorin Vasile Costache

Fra. 201930676

29.5.2019

1.135,39

González López, Manuel

Fra. 201930926

31.7.2019

960,30

Rodríguez Martín, Cristian

Fra. 201930927

31.7.2019

401,94

Rodríguez Martín, Cristian

Fra. 201930928

31.7.2019

663,64

Silva Lourenco, Marcia Aparecida

Fra. 201930929

31.7.2019

723,18

Varia --- Cerasela-Mariana

Fra. 201930930

31.7.2019

401,94

Ortigosa Álvarez Beatriz

Fra. 201930931

31.7.2019

534,41

Núñez Mercado, María Alicia

Fra. 201931292

24.10.2019

2.331,24