Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2020 Páx. 9827

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial da Coruña (Sección Quinta)

EDICTO (recurso de apelación 360/2016).

Eu, María Cristina Montero Carré, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá se ditou Sentenza do 21 de marzo de 2017 cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 83/2017.

Peza: RPL recurso de apelación (LACn) 360/2016.

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña.

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 893/2013.

Deliberación o día: 14 de marzo de 2017.

A Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña pronunciou en nome do rei a seguinte:

Sentenza número 83/2017.

Maxistrados:

Manuel Conde Núñez.

Julio Tasende Calvo.

Carlos Fuentes Candelas.

A Coruña, 21 de marzo de 2017.

No recurso de apelación civil número 360/2016, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, en xuízo ordinario número 893/2013, sobre reclamación de danos e perdas, sendo a contía do procedemento indeterminada, seguido entre as partes: como apelante, Mauricio José Pérez Iglesias, representado polo procurador Sr. López Valcárcel; como apelados, José Manuel Arias Illanes e Manuel Vicente González González, representados, respectivamente, polo procurador Sr. Painceira Cortizo e Sra. Bermúdez Tasende e, como parte declarada en rebeldía, Palavella Construcciones y Promociones, S.L.; foi relator Julio Tasende Calvo.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Resolución:

Revogando en parte a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, no xuízo ordinario número 893/2013, debemos condenar e condenamos a demandada Palavella Construcciones y Promociones, S.L. a pagarlle ao demandante a cantidade de 5.000 euros, mantendo en todo o demais a resolución apelada, sen facer especial imposición das custas do recurso.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E, como consecuencia do paradoiro ignorado de Palavella Construcciones y Promociones, S.L., expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 23 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza