Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2020 Páx. 9679

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento MR419A).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1, punto b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e a cantidade concedida.

A Orde do 12 de xullo de 2019 ten como obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas e convocar en réxime de concorrencia competitiva a seguinte liña incluída no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014_2020:

Medida 4. Investimentos en activos físicos.

– Submedida 4.1: apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, procedemento MR419A).

Esta submedida está cofinanciada nun 7,5 % pola Administración xeral do Estado, nun 17,5 % pola Xunta de Galicia e nun 75 % con fondos Feader e efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia 14.04.712B 772.0 (CP 2016 00182).

Estas axudas teñen como finalidade:

a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.

b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas (anexo) ao abeiro da Orde do 12 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2020

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Beneficiarios e subvencións das axudas correspondentes á submedida 4.1: apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, procedemento MR419A)

Expediente

DNI

Nome

Axuda

15/00458/19

***3650**

Aldeagreen, S.L.

41.867,00

32/00196/19

***4399**

Cabido Fernández, Francisco Javier

4.958,68

32/00195/19

***3150**

Casal Ledesma, Miguel

4.950,00

36/00148/19

***6563**

Cultivos Casaita, S.L.

33.486,29

27/00537/19

***5533**

Deremetz, Jonathan Francois

2.902,92

15/00452/19

***3766**

Ecoarandano, S.L.

19.533,69

15/00444/19

***4880**

Horta Bertoa, S.C.

11.938,50

15/00450/19

***3157**

Lata Rodríguez, Aitor

6.202,65

27/00540/19

***5697**

Miranda Vidueiro, Javier

24.844,50

15/00456/19

***2992**

Molina Somoza, Jorge

10.301,12

15/00449/19

***4830**

Plantagalia, S.L.

32.317,60

27/00539/19

***4272**

Riveiro Lage, Óscar

2.331,00

36/00149/19

***3819**

Rodríguez Giráldez, Juan Lorenzo

8.589,86

15/00454/19

***7367**

Sánchez Raña, Atenea

6.030,48

27/00541/19

***3321**

Taboada Paz, Diana

4.034,80

15/00451/19

***7722**

Viveiros Compostela SAT N 974 Xug

15.357,97

27/00538/19

***2974**

Viveiros Terra Chá, S.L.

8.181,00

36/00150/19

***5334**

Viveros San Campio, S.L.

76.497,07

15/00453/19

***0744**

Viveros y Serv. Agrar. Sinde O Val

6.499,50