Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2020 Páx. 9811

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2020 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de Fisioloxía Vexetal a José Díaz Varela.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 6 de novembro de 2019 (BOE do 18 de novembro), para a provisión da praza número 19/056, de catedrático de universidade da área de coñecemento de Fisioloxía Vexetal, Departamento de Bioloxía desta universidade, a favor de José Díaz Varela, con DNI núm. ***8237**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria, esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Díaz Varela catedrático de universidade da área de coñecemento de Fisioloxía Vexetal, Departamento de Bioloxía desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, a contar desde o día siguiente ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial do Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 31 de xaneiro de 2020

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña