Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2020 Páx. 9812

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2020 pola que se nomea catedrática de universidade da área de coñecemento de Fisioloxía Vexetal a María de los Ángeles Bernal Pita da Veiga.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 6 de novembro de 2019 (BOE do 18 de novembro), para a provisión da praza número 19/055, de catedrática de universidade da área de coñecemento de Fisioloxía Vexetal, Departamento de Bioloxía desta universidade, a favor de María de los Ángeles Bernal Pita da Veiga, con DNI núm. ***5895**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria, esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María de los Ángeles Bernal Pita da Veiga catedrática de universidade da área de coñecemento de Fisioloxía Vexetal, Departamento de Bioloxía desta Universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día siguiente ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 31 de xaneiro de 2020

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña