Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2020 Páx. 9813

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 190/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 190/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Brea Castro contra Proman Servicios Generales, S.L., Easy Sea East, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2020.

Visto o estado das actuacións, unha vez fixado un novo sinalamento do acto de xuízo para o día 28 de abril de 2020, ás 11.15 horas, na sala 1, planta baixa, edificio na rúa Berlín, acordo citar as partes baixo os apercibimentos e cos requirimentos adquiridos durante a tramitación do procedemento, a administración concursal de Proman Servicios Generales e as empresas demandadas, en ignorado paradoiro, por edictos. A notificación desta resolución é válida como citación en legal forma ás partes comparecidas.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, ante a letrada da Administración de xustiza que dita esta resolución, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Para que lles sirva de citación en legal forma a Proman Servicios Generales, S.L. e Easy Sea East, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, e que teñen á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta, e demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza