Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2020 Páx. 10129

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO do recurso contencioso-administrativo (PO 4163/2019).

Neste órgano xudicial a Asociación Ecoloxista Verdegaia interpuxo recurso contencioso-administrativo contra Portos de Galicia sobre a Resolución do 21 de marzo de 2019, pola que se aproba o documento de delimitación dos espazos e usos portuarios dos postos de Aguiño e Castiñeiras e das instalacións marítimas da Ameixida (Ribeira), que se tramita como procedemento ordinario 4163/2019.

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 3 de decembro de 2019 e do establecido no artigo 47.2 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LXCA), se concede un prazo de quince días para a comparecencia daqueles que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2020

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza