Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2020 Páx. 10130

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO do recurso contencioso-administrativo (PO 4206/2019).

Neste órgano xudicial RVG e AVF interpuxeron recurso contencioso-administrativo contra a modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana da Baña, aprobada mediante a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, do 5 de xuño de 2019, que se tramita como procedemento ordinario 4206/2019.

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 25 de novembro de 2019 e do establecido no artigo 47.2 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LXCA), se concede un prazo de quince días para a comparecencia daqueles que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición impugnada.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2020

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza