Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2020 Páx. 10131

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO do recurso contencioso-administrativo (PO 4218/2019).

Neste órgano xudicial P.S.F. e H.S.F. interpuxeron recurso contencioso-administrativo contra o Concello de Vigo sobre a Resolución do Pleno do Concello de Vigo, do 24 de xullo de 2019, de aprobación definitiva do instrumento de medidas provisionais de ordenación urbanística, previsto no artigo 88 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación (expediente 16022/411), que se tramita como procedemento ordinario 4218/2019.

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 3 de decembro de 2019 e do establecido no artigo 47.2 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LXCA), se concede un prazo de quince días para a comparecencia daqueles que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición impugnada.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2020

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza