Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2020 Páx. 10132

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (259/2019).

Eu, Luis Diego Espino Hernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Milagros Barros Sendón fronte a Brenda Álvarez López, Bernardo Jiménez Gabarri e José Antonio García Llanes se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decido:

Estimando integramente a demanda interposta por Milagros Barros Sendón fronte a Brenda Álvarez López, Bernardo Jiménez Gabarri e José Antonio García Llanes, debo condenar e condeno a Brenda Álvarez López e a José Antonio García Llanes a aboar á demandante en forma solidaria a suma de 2.282,52 euros máis os xuros legais desde a reclamación xudicial, absolvendo a Bernardo Jiménez Gabari libremente dos pedimentos da demanda.

Imponse o pagamento das custas aos demandados condenados con base no artigo 394 LAC, sen facer especial declaración de condena respecto das custas derivadas da pretensión dirixida fronte ao Sr. Jiménez Gabarri.

Modo de impugnación: contra esta sentenza non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E atopándose os devanditos demandados Brenda Álvarez López, Bernardo Jiménez Gabarri e José Antonio García Llanes, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 16 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza