Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2020 Páx. 10386

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado mediante a Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 4 de febreiro de 2020, o tribunal nomeado mediante a Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado mediante a Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o 28 de febreiro de 2020, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula número 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa Madrid, número 2-4, en Santiago de Compostela.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

As persoas aspirantes serán provistas de calculadora polo tribunal e quedará prohibido o uso de calculadoras distintas daquelas que lles faciliten. Así mesmo, os/as aspirantes poderán acceder á aula provistos de compás, escuadro, cartabón e escalímetro.

Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2020

Francisco Rosendo Alonso Fernández
Presidente do tribunal