Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2020 Páx. 10345

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o esgotamento de crédito orzamentario da Orde do 3 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea, cofinanciada polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR350A) (Diario Oficial de Galicia número 79, do 25 de abril).

A Orde do 3 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea, cofinanciada polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR350A) (Diario Oficial de Galicia núm. 79, do 25 de abril) establece, no seu artigo 4, que a concesión das axudas previstas para o ano 2019 nesta orde estará suxeita á existencia do crédito orzamentario e que, de ser o caso, segundo o disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se publicará mediante resolución da persoa titular da secretaría xeral competente da xestión do programa o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

A Orde do 3 de abril establece, no seu artigo 4, que a orde financiarase cos seguintes créditos:

Aplicación orzamentaria 09.40.322C.472.0 2016 00 313, cunha contía de 1.789.267 euros, Fondo Social Europeo, para o financiamento das contratacións indefinidas iniciais.

A aplicación orzamentaria 09.40.322C.470.3 2018 00 085, cunha contía de 1.550.000 euros, para a contratación temporal, a transformación de contratos temporais en indefinidos así como o incremento da xornada a tempo completo no caso de contratos indefinidos e o bono formación.

Unha vez resoltas as solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 3 de abril, seguindo a súa orde de entrada, constátase que se esgotou o orzamento dispoñible para a concesión das axudas.

A última solicitude resolta favorablemente ao abeiro da aplicación orzamentaria 09.40.322C.472.0, código de proxecto 2016 00313, que financia a contratación indefinida inicial, cunha contía de 1.789.267 euros, foi o expediente TR350A 2019 108-1, presentado o día 15 de maio de 2019 na sede electrónica. E a última solicitude resolta favorablemente ao abeiro da aplicación orzamentaria 09.40.322C.470.3, código de proxecto 2018 00085, cunha contía de 1.550.000 euros, foi o expediente TR350A 2019/62-3, presentado o 24 de maio de 2019 na sede electrónica.

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego, por delegación do conselleiro de Economía, Emprego e Industria

RESOLVE:

Dar a coñecer o esgotamento do crédito dispoñible para as axudas convocadas pola Orde do 3 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea, cofinanciada polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 para a aplicación orzamentaria 09.40.322C.472.0, código de proxecto 2016 00313, na data do 15 de maio, e para a aplicación orzamentaria 09.40.322C.470.3, código de proxecto 2018 00085, na data 24 de maio de 2019, ás 17.02.43 horas.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2020

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego