Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2020 Páx. 10339

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de prórroga da ultraactividade do II Convenio colectivo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo.

Visto o acordo subscrito pola comisión negociadora do III Convenio colectivo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo, o 13 de decembro de 2019, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, a Secretaría Xeral de Emprego

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o rexistro e depósito do acordo no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010.

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2020

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

O II Convenio colectivo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo foi denunciado pola Universidade, con base no artigo 5 da norma e iniciáronse as negociacións do III Convenio colectivo.

O punto 3 do artigo 86 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, dispón: «A vixencia dun convenio colectivo, unha vez denunciado e concluída a duración pactada, producirase nos termos que se establezan no propio convenio».

O segundo parágrafo do artigo 5 do II Convenio colectivo do PAS laboral da Universidade de Vigo establece: «En todo caso, mentres que non se asine un novo convenio, permanecerán en vigor todas as cláusulas deste».

Con base no exposto, a comisión negociadora acorda expresamente por unanimidade a prórroga da ultraactividade do II Convenio colectivo (publicado no DOG do 27 de xullo de 2007) ata a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) do III Convenio colectivo que substituirá o II Convenio colectivo.

As partes negociadoras manifestan a súa intención de manter as conversas precisas para poderen reiniciar as negociacións do III Convenio colectivo do PAS laboral da Universidade de Vigo.