Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2020 Páx. 10341

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito do Programa I da Orde do 21 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción do emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 18, do 25 de xaneiro de 2019).

Primeiro. A Orde do 21 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción do emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 18, do 25 de xaneiro), establece no seu artigo 4.2 que a concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. De ser o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Para estes efectos, terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentou de acordo co previsto no artigo 7.2 desta orde. No caso de coincidencia na data de presentación entre dúas ou máis solicitudes presentadas, a orde de prioridade virá determinada pola hora, segundo o artigo 4.3.

Segundo. A Orde do 21 de decembro de 2019 establece no seu artigo 4.1 que se financiará cos seguintes créditos:

Programa I: aplicación orzamentaria 09.40.322C.472.0 cun crédito de 10.070.647 €.

Terceiro. Unha vez revisadas e ordenadas todas as solicitudes presentadas, a derradeira solicitude á que se puido conceder a axuda antes do esgotamento do crédito foi a TR341D/2019/1096-1 presentada na sede electrónica o día 7 de maio de 2019 ás 20.58 horas.

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego, por delegación do conselleiro de Economía, Emprego e Industria,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.322C.472.0, ao abeiro do Programa I da Orde do 21 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas á promoción do emprego autónomo e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 con data do 7 de maio de 2019 ás 20.58 horas.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2020

Covadonga Toca Carús
Secretaria Xeral de Emprego