Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2020 Páx. 10461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-1247/2019-PPM e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-1247/2019-PPM e un máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuaren alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2020

O xefe territorial da Coruña
Por delegación de funcións por Resolución do 6.11.2019
(Orde do 8.9.2017; DOG núm. 180, do 21.9.2017)
Mª José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-1247/2019-PPM

53484837Q

Inicio

Quintáns, 1, Santa Cruz de Lesón, A Pobra do Caramiñal

PSC-CO-1248/2019-PPM

78784379X

Inicio

Rianxiño, 46, Rianxo