Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2020 Páx. 10463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-FE-0065/2018-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso del alzada do expediente PSC-FE-0065/2018-PPM.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra a resolución do expediente, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo, ante o órgano xudicial competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigos 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2020

O xefe territorial da Coruña
Por delegación de funcións por Resolución do 6.11.2019
(Orde do 8.9.2017; DOG núm. 180, do 21.9.2017)
Mª José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0065/2018-PPM

32636177M

Alzada

r/ Luis Pimentel, 27, baixo esq., Narón