Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2020 Páx. 10422

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 378/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Adminisración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Miguel Ángel Vilar Santos contra Fogasa e Construcciones Figueiras Vixán, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número de despedimento obxectivo individual 378/2019 se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Construcciones Figueiras Vixán, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 4 de marzo de 2020, ás 10.20 horas para o acto de conciliación e ás 10.30 horas para o acto de xuízo, na planta baixa, sala 3, no edificio na rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que estes actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle á demandada que a parte demandante solicitou a proba de interrogatorio do representante legal da empresa demandada, e que no caso de ser admitida e non comparecer sen xusta causa, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiran as preguntas.

Así mesmo, a parte demandante solicitou a proba documental consistente na achega no acto de xuízo do contrato de traballo do demandante, carta de despedimento do demandante, nóminas do demandante e recibos de salario correspondentes ao ano 2018 e 2019, documentos de cotización TC1 e TC2 do mesmo período, así como partes de alta e baixa na Seguridade Social e cadros horarios correspondentes ao ano 2019, coa advertencia de que, de ser admitida e de non o facer, poderán terse por probadas as alegacións feitas pola contraria en relación coa proba acordada.

Advírtelle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través do asigno de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Construcciones Figueiras Vixán, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza