Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2020 Páx. 10420

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 150/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 150/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramiro José Triana Frechilla contra Seguridad y Planificación Galicia, S.L., Montserrat Vale Santos e o Fogasa, ditouse a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

En Santiago de Compostela o vinte e oito de xaneiro de dous mil vinte.

Despois de presentar o traballador Ramiro José Triana Frechilla escrito exixindo o cumprimento polo empresario Seguridad y Planificación Galicia, S.L. da obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución do 30.12.2019, de conformidade ao artigo 280 da LXS, acordo:

– Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 9.3.2020, ás 12.30 horas, para a celebración da comparecencia na Sala de Audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, coas advertencias legais e facéndolles saber que debe de asistir cos medios de proba de que intenten valerse.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente terase por desistido na súa solicitude; se non o fixer o empresario ou o seu representante celebrarase o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación do executado Seguridad y Planificación Galicia, S.L. por medio de edictos, tendo en conta que está en ignorado paradoiro.

– Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Seguridad y Planificación Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza