Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2020 Páx. 10505

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a realización dun espazo dotacional público en Anceis.

Mediante o Acordo do Pleno deste concello, do 30 de xaneiro de 2020, apróbase definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a realización dun espazo dotacional público en Anceis, redactado polo arquitecto Alfonso Botana Castelo e a bióloga Paula Fernández Otero, de conformidade cos artigos 36.4 e 75 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 82.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

O enderezo electrónico en que figura o contido íntegro deste plan especial, á disposición de calquera interesado, é www.cambre.org.

Este acordo, de conformidade co establecido no artigo 84 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, supón a aprobación definitiva dunha disposición administrativa de carácter xeral, polo que non poderá ser obxecto de recurso en vía administrativa, senón tan só do correspondente recurso contencioso-administrativo, de conformidade co artigo 112.3 da Lei 39/2015, do procedemento administativo común das administracións públicas.

O prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo é de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio e deberá presentalo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo a distribución competencial establecida nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Cambre, 5 de febreiro de 2020

O alcalde
P.D. (Resolución 1323/2019, do 1 de xullo)
Juan González Leirós
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo e Obras