Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2020 Páx. 10506

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da aprobación do cambio de uso na parcela da estrada dos Fortes, 14 (expediente 631/2019/251).

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 5 de decembro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar o cambio de uso na parcela municipal localizada na estrada dos Fortes, 14, con referencia catastral 5725706NJ4052N0001EO, outorgada en concesión demanial gratuíta á Fundación ADCOR, do uso administrativo de titularidade pública AD (Pb) previsto no Plan xeral de ordenación municipal vixente, ao uso asistencial e sanitario de titularidade pública AS+SN (Pb).

Segundo. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Remitir o documento aprobado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia para os efectos do seu coñecemento.

O contido íntegro do cambio de uso aprobado pódese consultar nas dependencias municipais de Urbanismo, no enderezo electrónico coruna.gal/urbanismo na epígrafe Planeamiento/planeamiento vigente, ou ben, desde a mesma web, a través do visor estado desarrollo PXOM 2013.

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

A Coruña, 20 de decembro de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27.6.2019)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo