Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2020 Páx. 11002

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de aprobación de cambio de uso do equipamento deportivo número 104 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno do Concello de Tui, na sesión ordinaria realizada o día 28 de novembro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo ao abeiro do disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Primeiro e único. Acordar o cambio de uso do equipamento deportivo nº 104 que figura no Plan xeral de ordenación municipal (referencia catastral 36055A051000010000UB), integrándoo como sistema de equipamento e dotacional múltiple cos usos seguintes: social, asistencial, cultural, educativo ou deportivo, baixo a premisa inmodulable de manter a súa titularidade pública; neste particular, lexitimaríase a innecesariedade de seguir o procedemento de modificación do plan previsto na lexislación vixente, nos termos e co alcance dispostos no Informe técnico emitido polo arquitecto, do 18 de novembro de 2019, no cal se propoñía: «Unha vez que teña efectos o acordo plenario, con respecto ao cambio de uso proposto, a parcela obxecto deste informe podería aloxar nela usos de natureza social, asistencial, cultural, educativa ou deportiva segundo o cambio que se acorde. O cambio proposto debería convivir co uso deportivo actual».

Contra estes acordos, que poñen fin á vía administrativa, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Tui, 22 de xaneiro de 2020

José Ramón Magán Rivera
Alcalde en funcións