Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2020 Páx. 11001

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de aprobación do cambio de uso do inmoble ubicado na avenida da Concordia, 47.

O Pleno do Concello de Tui, na sesión ordinaria realizada o día 28 de novembro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo ao abeiro do disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Primeiro e único. Acordar o cambio de uso do inmoble situado na avenida da Concordia, 47, con referencia catastral 9656022NG2595N0001TO, equipamento EQ 242-A, polo uso dotacional público de natureza social, administrativa, asistencial e cultural, mantendo a titularidade pública e sen necesidade de seguir o procedemento de modificación do plan previsto na lexislación vixente, nos termos e co alcance dispostos no Informe técnico do 11 de novembro de 2019, emitido polos servizos técnicos municipais e que propón: «Unha vez teña efectos o acordo plenario, con respecto ao cambio de uso proposto, a parcela obxecto deste informe poderá aloxar nela usos de natureza social, administrativa, asistencial e cultural».

Contra estes acordos, que poñen fin á vía administrativa, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Tui, 22 de xaneiro de 2020

José Ramón Magán Rivera
Alcalde en funcións