Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2020 Páx. 11377

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulada/o superior, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 225, do 26 de novembro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulada/o superior, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de persoas aspirantes excluídas

Cota específica base I.1.1:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Montero Senra, José Luis

***2635**

43

Acceso xeral:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Nieves Seoane, María del Carmen

***4441**

43

Cód.

Descrición

43

Desistencia da solicitude