Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2020 Páx. 11379

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulada/o de grao medio, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 225, do 26 de novembro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulada/o grao medio, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de persoas aspirantes excluídas

Acceso xeral:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Castro Castro, María Ángeles

***1262**

43

Montero Senra, José Luis

***2635**

43

Cód.

Descrición

43

Desistencia da solicitude