De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.
A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamaren ou emendaren o defecto que motivou a exclusión.
As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2020
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Relación de persoas aspirantes excluídas
Acceso xeral
|
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
|
Fuentes Magán, Arturo |
***6166** |
43 |
|
Seráns Santos, Carlos |
***4913** |
86, 87 |
|
Cód. |
Causa exclusión |
|
43 |
Desistencia da solicitude |
|
86 |
Non cumpre a condición de demandante de emprego seis (6) meses antes da convocatoria |
|
87 |
Non cumpre a condición de non percibir prestación ou subsidio por desemprego |


