De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.
A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamaren ou emendaren o defecto que motivou a exclusión.
As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2020
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Relación de persoas aspirantes excluídas
Cota específica base I.1.1
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
Solla Pesqueira, Francisco José |
***9722** |
65 |
Acceso xeral
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
Magdalena Fernández, Irene |
***2419** |
43 |
Méndez da Silva, José Antonio |
***6634** |
86 |
Pereiro Montoto, Francisco |
***9420** |
86 |
Platas García, Neftalí |
***4033** |
87 |
Pombo Varela, Patricia |
***1095** |
86, 87 |
Cód. |
Descrición |
43 |
Desistencia da solicitude |
65 |
Non presenta e non autoriza a consulta da condición de discapacidade |
86 |
Non cumpre a condición de demandante de emprego seis (6) meses antes da convocatoria |
87 |
Non cumpre a condición de non percibir prestación ou subsidio por desemprego |