Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2020 Páx. 11057

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de “transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria nos meses de setembro a decembro do ano 2019 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2020

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2019

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio específico de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG) para a realización de formación universitaria para a orientación laboral aberta para 2019

3.9.2019

140.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Fundación Instituto Cameral para la Creación y Desarrollo de la Empresa Incyde e a Cámara de Comercio da Coruña para o desenvolvemento dun programa de formación denominado Emprendemento e transformación dixital no sector comercio dentro do programa operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE) cofinanciado por FSE

13.9.2019

45.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Concello de Sada para a acreditación da formación impartida no marco do proxecto de Confección e mantemento de artes e aparellos

20.9.2019

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación da Universidade de Cantabria para o Estudo e a Investigación do Sector Financeiro-UCEIF para o fomento do emprendemento

31.10.2019

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña e a Fundación da Universidade de Cantabria para o Estudo e a Investigación do Sector Financeiro-UCEIF para o fomento do emprendemento a través do Programa Explored 2019

31.10.2019

10.000 €

Convenio entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para actuacións específicas de fomento da sustentabilidade na minería e de promoción do patrimonio mineiro

20.11.2019

80.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e as organizacións sindicais e empresarial participantes no diálogo social en Galicia (CEG, UGT-Galicia, SN de CC.OO. de Galicia) en materia de igualdade laboral e fenda salarial

22.11.2019

300.000 €

Addenda de modificación do convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Concello de Bande para a realización de infraestruturas hidráulicas para o coñecemento das características e potencialidade das augas quentes de Bande (Ourense)

13.12.2019

Non ten achega económica

Addenda de prórroga ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Universidade da Coruña para a investigación e realización de probas de control de calidade dos hidrocarburos en Galicia

31.12.2019

176.700,00 €