De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.
Na súa virtude,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas (anexo) na convocatoria de 2019, con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.514A.781.0 para o financiamento de proxectos colectivos que melloren a eficiencia enerxética nas lonxas pesqueiras, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2020
Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
ANEXO
Expediente |
NIF |
Beneficiaria |
Ano 2019 |
Ano 2020 |
Total concedido |
209E-2019/02 |
G15047707 |
Confraría de Pescadores de Corcubión |
6.612,50 € |
0,00 € |
6.612,50 € |
209E-2019/04 |
G15035108 |
Confraría de Pescadores de Mugardos |
3.986,11 € |
0,00 € |
3.986,11 € |
209E-2019/07 |
G15032642 |
Confraría de Pescadores de Rianxo |
14.386,86 € |
0,00 € |
14.386,86 € |
209E-2019/08 |
G15043953 |
Confraría de Pescadores de Cabo de Cruz |
0,00 € |
6.058,80 € |
6.058,80 € |