Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2020 Páx. 11407

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 283/2017-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 283/2017 por instancia de Beatriz Rebón Rama e outros contra Confecciones Deus e outros sobre PO, nos que recaeu sentenza con data do 22 de xaneiro de 2010, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido.

Estímase a demanda formulada por Beatriz Rebón Rama, Emilia Andrade Gómez e Estrela Rodríguez Rodríguez fronte a Shivshi, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Gaviota Textil, XXI, S.L., Perseo Textil, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Puntada Elaborada, S.L., así como os administradores concursais de Shivshi, S.L., Confecciones Deus, S.L., de Confecciones Fraga, S.L., de Confecciones Ideal, S.L. e de Plataforma Costurera, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a Shivshi, S.L. a aboar as seguintes cantidades que vincularán o a administrador concursal desta:

• A Beatriz Rebón Rama a cantidade de novecentos setenta e nove euros con noventa e un céntimo de euro (979,91 euros).

• A Emilia Andrade Gómez a cantidade de novecentos trinta e catro euros con tres céntimos de euro (934,03 euros).

• A Estrela Rodríguez Rodríguez a cantidade de mil dezaoito euros con noventa céntimos de euro (1.018,90 euros).

Das devanditas cantidades responderán solidariamente as empresas Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Gaviota Textil, XXI, S.L., Perseo Textil, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Vainica Dobre, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Puntada Elaborada, S.L., vinculando os administradores concursais de Confecciones Deus, S.L., de Confecciones Fraga, S.L., de Confecciones Ideal, S.L. e de Plataforma Costurera, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse o mesmo neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na Conta de Depósitos e Consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Shivshi, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Gaviota Textil, XXI, S.L., Perseo Textil, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Puntada Elaborada, S.L., así como os administradores concursais de Shivshi, S.L., Confecciones Deus, S.L., de Confecciones Fraga, S.L., de Confecciones Ideal, S.L. e de Plataforma Costurera, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza