Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2020 Páx. 11405

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 668/2017).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 668/2017 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Construcciones y Demoliciones Sanmartín, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:

«Autos PO 668/2017.

A Coruña, 11 de decembro de 2019.

Lara Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Rafael Vázquez Rama, que comparece representado polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra a empresa Construcciones y Demoliciones Sanmartín, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte

Sentenza.

Resolvo que, estimando a demanda interposta por Rafael Vázquez Rama contra a empresa Construcciones y Demoliciones Sanmartín, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de sete mil catrocentos sesenta e oito euros e vinte e dous céntimos (7.468,22 euros).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones y Demoliciones Sanmartín, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza