Anxo Gómez Santos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, polo presente.
Anuncio:
No presente procedemento seguido por instancia de Josefa Carballeda Camba fronte a American Emporio, S.L. ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:
Sentenza nº 112/2019.
Vigo, 23 de maio de 2019.
Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario que co número 616/2018 séguense por instancia de Josefa Carballeda Camba, representada pola procuradora Patricia Cabaleiro Barciela e dirixida polo letrado Secundino Fernández Guisande, contra American Emporio, S.L., declarada en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de resolución contractual.
Decido:
Estimo totalmente a demanda formulada por Josefa Carballeda Camba, contra American Emporio, S.L., facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:
1º. Declarando resolto o contrato de arrendamento para uso distinto de vivenda do local sito na rúa Urzáiz, 97, baixo, de Vigo, subscrito con data do 2 de xuño de 2012, por non ter sido destinado o local alugado ao destino comprometido no contrato, condeno a entidade demandada a desaloxalo, deixándoo libre e expedito e ao dispor da demandante, baixo o apercibimento de que, de non facelo voluntariamente, terá lugar o seu lanzamento.
2º. Condeno a parte demandada ao pagamento das custas procesuais.
Notifíquese esta sentenza ás partes, ás que se lle fará saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación parante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.
Así o acordo, mando e asino.
E atopándose o devandito demandado American Emporio, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.
Vigo, 24 de xaneiro de 2020
O letrado da Administración de xustiza