Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2020 Páx. 11410

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 225/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 225/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Bertrand Pérez Peña contra Servicios de Ingeniería y Montajes Alen, S.L., Neo Energy Solutions, S.L.B., Raam Logistic, S.L., Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2020.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Neo Energy Solutions, S.L.B., Raam Logistic, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 6.258,86 euros en concepto de principal (5.618,13 euros en concepto de salarios e gastos de viaxe, 600,67 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais que comportan 4.596,3 euros, 40,06 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre os conceptos non salariais que comportan 1.021,83 euros), máis outros 625,88 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme a presente resolución, inscríbase no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes, que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicios de Ingeniería y Montajes Alen, S.L., Neo Energy Solutions, S.L.B., Raam Logistic, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza