Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2020 Páx. 11944

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 5 de febreiro de 2020, da Zona Centro, polo que se abre o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización do compartimento número 4, no dominio público portuario de San Pedro de Visma.

Ao quedar dispoñible no porto de San Pedro de Visma o compartimento nº 4 no dominio público portuario de San Pedro de Visma, ábrese a convocatoria pública para a súa ocupación, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, do portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as solicitudes segundo establecido no prego das bases da convocatoria, nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, ou na forma indicada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pero en todo caso deberán acreditarse a data e a hora de presentación da solicitude. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 5 de febreiro de 2020

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro