Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2020 Páx. 11897

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (DOI 491/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 491/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Couselo Graña, Miguel Santiago Carro e Antonio Teixeira Lopes contra a empresa Automóviles Licar, S.A., sobre despedimento, se ditou, con data do 15 de xaneiro de 2020, a sentenza impugnable en suplicación no prazo de cinco días, que está á súa disposición na sede deste xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Automóviles Licar, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 29 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza