Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2020 Páx. 11898

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 149/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 149/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Casal Suárez contra as empresas Coprosider, S.L., Aceros y Derivados Marfer, S.L., Acier Metals Santiago, S.L., Aprovisionamientos del Noroeste, S.L.U. e Aceros y Metales Marfer, S.L., sobre ordinario, se ditou o o Decreto do 29 de xaneiro de 2020, impugnable en revisión no prazo de tres días, o cal está á súa disposición na sede deste xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Coprosider, S.L., Aceros y Derivados Marfer, S.L., Acier Metals Santiago, S.L., Aprovisionamientos del Noroeste, S.L.U. e Aceros y Metales Marfer, S.L., todos eles en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 29 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza