Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2020 Páx. 11899

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 390/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 390/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Mosquera Pereiro contra María José Martínez Alvariño, Aroa Chaudarcas Martínez, Mafiar, S.C., sobre ordinario, ditouse resolución cuxa parte dispositiva di:

«Acordo ter por desistida a parte demandante da súa demanda e acordo o sobresemento das presentes actuacións e o arquivamento dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación: poderá interpoñerse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación (art. 188.2 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a María José Martínez Alvariño, Aroa Chaudarcas Martínez, Mafiar, S.C., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG e taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza