Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2020 Páx. 12473

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 2/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 2/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina López Aragón contra a empresa Manuel Novegil Castro, sobre ordinario, se ditaron no día da data dilixencia de ordenación, auto en que se despacha execución e decreto impugnables en reposición no prazo de tres días, os cales están á súa disposición na sede deste xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Manuel Novegil Castro, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 30 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza