Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2020 Páx. 12471

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Corcubión

EDICTO (234/2015).

Eu, Aarón González Pérez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Corcubión, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Bonifacio Jiménez Valverde fronte a Ayumi Takahashi ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza:

A Coruña, 21 de outubro de 2019.

Vistos por Ana Consuelo Piñeiro García, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Corcubión, os presentes autos de procedemento de divorcio 234/2015, seguidos ante este xulgado por instancia de Bonifacio Jiménez Valverde, representado pola procuradora Sra. Borrero Castro e asistido polo letrado Sr. Villar Fernández, contra Ayumi Takahashi, en situación procesual de rebeldía, sen intervención do Ministerio fiscal.

Resolvo:

Que estimando a demanda interposta por Bonifacio Jiménez Valverde, representado pola procuradora Sra. Borrero Castro, fronte a Ayumi Takahashi, en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio constituído polos citados Bonifacio Jiménez Valverde e Ayumi Takahashi, celebrado en Cajar, Granada, o día 25 de xuño de 2000, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración.

Non procede facer expresa imposición de custas.

Unha vez firme esta sentenza, contra a que cabe recurso de apelación de acordo cos artigos 455 e seguintes de LAC, comuníquese ao Rexistro Civil de Cajar, Granada, onde figura inscrito o matrimonio no libro sétimo da sección segunda, páxina 389.

Así, por esta sentencia, pronúnciao, mándao e asínao Ana Consuelo Piñeiro García, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Corcubión, do que eu, letrado da Administración de xustiza, dou fe».

E encontrándose a dita demandada, Ayumi Takahashi, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Corcubión, 31 de xaneiro de 2020

O letrado da Administración de xustiza