Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2020 Páx. 12511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020 de mellora da seguridade viaria (MSV) no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-551, puntos quilométricos 7+800 a 8+800, de clave PO/17/141.06, nos concellos de Marín e Bueu.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado segundo a competencia da comunidade autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 24 de outubro de 2019 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria (MSV) no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-551, puntos quilométricos 7+800 a 8+800, de clave PO/17/141.06, nos concellos de Marín e Bueu, polo Decreto 139/2019, publicado no Diario Oficial de Galicia con data do 7 de novembro de 2019.

A tramitación do expediente expropiatorio debe de axustarse ao disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu regulamento do 26 de abril de 1957.

En consecuencia, este servizo, en virtude da competencia delegada mediante Orde de 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería, publicada no DOG nº 179, do 20 de setembro de 2017, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Marín e Bueu, para que comparezan no lugar, na data e nas horas que se detallan a continuación, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de Bueu.

Lugar: Casa do Concello de Bueu.

Data: 26 de marzo de 2020, das 10.00 ás 13.45 horas.

Termo municipal de Marín.

Lugar: Casa do Concello de Marín.

Data: 27 de marzo de 2020, das 11.00 ás 11.45 horas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no concello de Marín e Bueu, e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas, avenida Mª Victoria Moreno, nº 43-1º, 36003 Pontevedra, e publicarase na seguinte ligazón da páxina web da consellería:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/avisos?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_Ps5C&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_Ps5C_content=%2Fopencms%2FPortal-Web%2FContidos%2FAviso%2Faviso_0155.html

Así mesmo, realizarase a convocatoria aos interesados ao levantamento das actas previas mediante notificación individual.

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade (e, no seu caso, outra documentación que se requira, xustificante do pago do IBI), así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, co fin de proceder aos sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, para o cal poderán ir acompañados pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Pontevedra, 21 de xaneiro de 2020

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra