Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2020 Páx. 12497

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a varios propietarios da zona de concentración parcelaria de San Salvador de Barbeito (Vilasantar-A Coruña), para seren notificados por comparecencia do acordo de reestruturación.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os interesados da zona de concentración parcelaria de San Salvador de Barbeito (Vilasantar-A Coruña), que se relacionan no anexo, para seren notificados por comparecencia do acordo de reestruturación da dita zona.

Así mesmo, este anuncio publicase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro do acto notificado mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra o acto a que se refire o anexo, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, consonte co establecido no artigo 42.3 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

A Coruña, 4 de febreiro de 2020

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

Acto que se notifica

Zona de concentración

32806797B

Acordo de reestruturación

San Salvador de Barbeito (Vilasantar-A Coruña)

32469780J

Acordo de reestruturación

San Salvador de Barbeito (Vilasantar-A Coruña)

32806796X

Acordo de reestruturación

San Salvador de Barbeito (Vilasantar-A Coruña)