Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2020 Páx. 12499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-134/2019-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-134/2019-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 5 de febreiro de 2020

O xefe territorial da Coruña
Por delegación de funcións por Resolución do 6.11.2019
(Orde do 8.9.2017; DOG núm. 180, do 21 de setembro)
Mª José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-134/2019-PPM

52935271N

Resolución

Breiro, 13-2, Boiro

PSC-CO-237/2019-PPM

52938272T

Resolución

Banda ao Río, 4, Cabo de Cruz, Boiro

PSC-CO-313/2019-PPM

53483193M

Resolución

O Pazo, 18, Rianxo

PSC-CO-710/2019-PPM

76970258E

Resolución

Vista Alegre, 260, Escarabote, Boiro

PSC-CO-743/2019-PPM

76778145M

Resolución

A Pesqueira, 357, Cabo de Cruz, Boiro