En sesión que tivo lugar o día 10 de febreiro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo),
ACORDOU:
Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas distintas persoas aspirantes en cada epígrafe, de acordo co disposto na base II.3 da convocatoria.
De acordo co disposto na base II.3.4 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar reclamación contra a baremación no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As reclamacións irán dirixidas ao tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2020
Dámaso Pérez Vale
Presidente do tribunal